domingo, 24 de abril de 2011

De nuevo en Puno e...

... rumbo a Llachón.
Todo saíu sengún o previsto, aínda que á volta o barco "calouse" un par de veces e entre pitos e flautas... tardamos unha hora máis do previsto. Como vos comentaba o outro día, o plan era:
8.00 saída, 8.20 visita á illa flotante dos Uros, tres horas despois, chegada a Amantaní, reparto de familias e almorzo. Tras o almorzo, realicei a ronda de preguntas correspondentes e despois subimos ata o templo de "Pacha Tata" a ver o atardecer.
Cando baixamos, díronnos a cea, contemplamos un rato as estrelas que aquí se ven impresionates!!! e repartíronnos a roupa típica para asistir á festa ; )
Ao día seguinte, díronnos o desaiuno e ás 8.00 despedímonos das familias (cada un da súa). Saímos cara a illa de Taquile, onde paseamos de 9.30 a 12.00 almorzando polo medio a típica trucha do Lago Titicaca.
Finalmete, chegamos ás 16.00 a Puno.

O plan para os próximos días é saír mañá pola mañá en autobús cara Capachica e posteriormente, cara Llachón a aloxarme con outra familia. En principio só me quedarei alí unha noite pero como parece que pode haber folga de autobuses, tanto podo quedarme unha noite, como dúas, como tres... xa o veremos.
Déixovos unhas fotiños destes dous últimos días: habitación en Amantaní


Posta de sol en Amantaní


Festa guiri-comunitaria... por ahí ando eu ; )

As nenas da casa


Islas flotantes dos Uros









4 comentarios:

Anónimo dijo...

Vexo que non o estás pasando nada mal, moi bo tempo e moi boa xente como xa sabemos... a aínda por riba como din os vellos do lugar:" a viaxe saiulle a conta...." Páso moi ben, e xa mostrarás todas as fotos. Bicos. Tino

María José dijo...

Que experiencias as túas!
Disfruta moito e segue a retransmitilas...claro!
Saudos desde Sevilla

Anónimo dijo...

mmm tres camas??
ananonimo

Anónimo dijo...

al fin encontré un ordenador que me deje ver los comentarios jejeje.
Un besote a todos y ya pronto estoy ahí!

Julia