viernes, 15 de abril de 2011

Na Paz

Todo saliu segun o previsto (no poño acentos pq non sei onde estan). Cheguei a hora prevista e marchei nun taxi directa a Desaguadero (xa vos poñerei o contacto do taxista por se algun dia facedes ese traxecto). Como, polo visto, os venres hai mercado, as colas de migracions poden chegar a duas horas e media, asi que o chofer chamou a un rapaz para que me fora facendo cola e asi foi chegar e encher ; ) Despois, o mesmo taxista seleccionoume un taxi de confianza que me trouxera a La Paz porque polo visto, a maioria dos taxis deixante no alto e hai moitos problemas de atracos e secuestros. As 13.30 chegamos a terminal de autobuses de La Paz e ali, o taxista n° esperou por min ata que comprei o billete de autobus por se tiña algun problema, non quedaban sitios... o que fose... De paso, a mochila grande xa a puiden deixar onde a compañia de autobuses. Tras despedirnos, comecei a camiñar para achegarme pola oficina de TUSOCO (cos que comezo mañan o tour) e despois alquilei unha habitacion para ducharme (que despois de 36 horas non esta mal jejeje) e descansar un pouco (que e o que vou facer agora) porque teño os ollos mais vermellos que nunca. As 21.00 collo o autobus a Uyuni, a onde chego sobre as 7.00 da maña, e comenzarei o tour ata o 19 pola tarde que volvo a La Paz. O 19 xa vos comentarei que tal. Bicosssssssssss

3 comentarios:

Iria Zeltia dijo...

Bravo polo taxista que ben che cuida! :**

Anónimo dijo...

Pequeña princesa!!! espero que todo tu viaje esté repleto de super taxistas!!jijijiji esperamos ansiosos a túa entrada de mañan!!!!!! disfruta e aprende moito moito!!bikos

Anónimo dijo...

uyy....soy ananomina!!jajajajaf