miércoles, 20 de abril de 2011

En La Paz e cara Puno

Hoxe foi un día tranquilo, de entrevista cos de TUSOCO para que me contaran o que non puiden ver por culpa da auga no salar, algunha compriña (como non) e buscando transporte para mañán. Ao final atopei, por medio dunha axencia, un autobús que sae ás 8.00 da Paz e tarda 5 horas en chegar a Puno e costou unhos 9 €, un precio moi económico comparado co que me costou vir de Juliaca a aquí, pero bueno... era un taxi para min soa jejeje

No hay comentarios: