lunes, 25 de abril de 2011

Llachón

Unha vez máis, todo saíu máis ou menos, como estaba previsto. Onte ás 7.30 collín un taxi dende o hotel ata onde saen os autobuses para Capachica. En Capachica paseei un pouco polo mercado e tomei outro autobús a Llachón. En total a viaxe foi dunhas 2 horas. Ao chegar preguntei por aloxamento e mandáronme á casa de Luciano, un señor moi agradable, igual que a súa muller e fillas.Despois de almorzar saín a dar unha volta polo pobo e a ver un pouco os partidos de fútbol de domingo de pascua e... cal é a miña sorpresa cando chego e están xogando coa equipación do depor!!! jejejejeSeguín paseando e baixei un pouco á praia-Titicaca ; )Pola noite, de novo a ver as estrelas un pouquiño, cenar e para a cama.Hoxe pola mañán, despois do lixeiriño desaiuno que podedes ver na foto, conseguín unha combi ás 8.00 da mañán para Capachica, porque hai folga de autobuses, e outra ás 9.00 para Puno pero... a 3 km de Puno, os folguistas estaban parando tódolos coches, combis, etc polo que houbo que baixarse e poñerse a andar unhos 25 minutos, por suposto, seguindo á xente porque eu non tiña nin idea de onde estábamos.Despois, conseguimos outra combi que nos baixara ao centro pero tamén había manifestacións anti-mineiras así que nos lanzaron un pouco de terra e pedras, pero nada grave.Ao final, a viaxe que nunha axencia me querían cobrar 220 Soles, saíume por 56!Agora xa estou no hotel e xa me quedo en Puno ata que marche, así poderei traballar un pouco e facer unha entrevista que me queda a unha axencia de viaxes que traballa co turismo comunitario.Deixovos 10 fotiños en dúas entradas.
Bicos!
Alternativa a ir nos coches....

Paro dos carros


Desaiuno dietético



A miña habitación




Llachón centro








1 comentario:

Juncal G. Guinea dijo...

Me encanta...Sobretodo la habitación...Que experiencia más hermosa!! Disfrútala mucho!! Besos!!